xoves, 28 de maio de 2015

A mocidade española está á cola da OCDE en habilidades informáticas profesionais

A OCDE publicou hoxe un informe sobre a empregabilidade, a formación e a educación dos menores de 30 anos, con datos moi preocupantes para España, xa que no estudio o noso país queda á cabeza dos ninis (cun 26,8%, moi afastado do 14,9% de media) e tamén cunha taxa de desemprego (41,9%) só superada por Italia (43,2%), destacándose o feito de que preto da metade dos mozos de entre 16 e 29 anos carecen de experiencia no uso de ordenadores no seu posto de traballo (situación na que só estamos peor que Italia, o único país que supera a barreiro do 50% de toda a OCDE, mentres que Corea do Sur estaría en preto do 25%).
Ao parecer, a experiencia dos españois coa informática na vida diaria está dentro do estándar da OCDE, pero cando saltamos ao ámbito laboral a situación é moi diferente, dando a impresión de que carecen da formación e a experiencia que esixen os mercados laborais de economías avanzadas.
Os datos da OCDE parecen indicar a necesidade de desenvolver as habilidades informáticas no ámbito laboral por parte da mocidade, deixando claro que o uso da informática para o lecer non garda relación cos coñecementos necesarios para empregar sistemas informáticos no contorno empresarial.

Ningún comentario:

Publicar un comentario