"Tomando como referencia" o devandito informe do CGC sobre estas "prácticas abusivas", entre as que a oficina do alto comisionado destaca a "venda exclusiva de modelos oficiais nun único punto", José Julio Fernández vén de ordenar a apertura dunha queixa de oficio. Atentendo aos datos de Competencia pero tamén "comunicacións" de varios cidadáns o Valedor "amosa a súa preocupación" a respecto da "carga gravosa que supón para as familias cinguirse aos modelos oficiais implantados nalgúns centros" que, salienta, "están a incorrer en irregularidades" ao promover a "comercialización exclusiva en determinados puntos.
Dado que estes centros están sostidos por fondos públicos o Valedor comeza as súas actuacións dirixíndose forlmaente á Consellería de Educación para "deixar patente a súa preocupación" en relación a estas "dubidosas prácticas de comercialización". Estas prácticas consisten, esencialmente, en que os colexios adoitan promover o uso de uniformes que "adoitan incluír logotipos rexistrados" do propio colexio, o que na práctica "impide" que as familias poidan "adquirilos noutros comercios", forzándoas a asumir un prezo que, indica Competencia, pode ser moito máis baixo noutros establecementos comerciais. "Nalgúns casos -destaca o Valedor- o centro convértese mesmo no único punto de venda dos uniformes".
O Valedor indica que estas prácticas poden ir contra o "principio de gratuidade da educación"Neste contexto, o uso duns modelos determinados de prendas como "chaquetas, pantalóns ou saias, polos, mandilóns, equipamento deportivo, abrigos..." adoita ser "obrigatorio en moitos centros educativos" e a imposición dos puntos de venda podería "supoñer non só a vulneración dos principios de defensa da competencia", senón tamén vulnerar a lexislación educativa. Concretamente, indica o Valedor, estas prácticas tamén van contra o "principio de gratuidade da educación", o cal, a priori, debe estar garantido nos centros financiados pola Administración pública. "A compra dos uniformes escolares -acrecenta- pode supoñer un desembolso extremadamente gravoso para a economía familiar cando existen fillos escolarizados no centro que lles corresponde por zona de influencias.
O uniforme "oficial" pode chegar a ser uns 90 euros máis caro que o "básico"Así as cousas, o Valedor reclama que Educación redacte un informe para comprobar se, como indican as familias e o Consello Galego da Competencia, existen este tipo de prácticas e tamén se, por exemplo, se dan "diferenzas de prezo considerables" entre os coñecidos como uniformes "oficiais", aqueles que "teñen características especaiis de deseño, un escudo, logotipo ou similar", e os "básicos", isto é, sen distintivo dun colexio concreto. Segundo os cálculos do CGC "o uniforme oficial que se vende nos centros" chega a ser uns 90 euros máis caro que o uniforme básico, obrigando as familias a desembolsar uns 140 euros de media por cada uniforme.
Ningún comentario:
Publicar un comentario