Esta prestación está en Galiza en 747 euros mensuais, a segubnda máis baixa de todo o Estado, fronte aos 885 da media española -un 15% máis-.
A pensión media galega é a segunda máis baixa de todo o Estado español, apenas 747 euros mensuais, unha cifra que fica moi afastada da que se paga no resto dos territorios. Son 300 euros menos ao mes que a pensión media madrileña (1.048 euros) ou asturiana (1.047). En Euskadi é de case 1.100 euros /mes. Tamén Nafarroa supera os mil euros.De feito, en Galiza a pensión media fica 135 euros / mes por baixo da media do Estado español, que é de 885 euros, o que supón un 15,5% máis que a galega
O número total de pensións no noso país é de 748.957, o que representa un aumento na cantidade do 0,6% nestes doce meses, segundo os dados do Instituto nacional da Seguridade Social. A maior parte das persoas que perciben estas prestacións está na provincia de Coruña (288.536 euros), seguida de Pontevedra (232.572), Lugo (118.857) e Ourense (108.992 persoas).
Cómpre lembrar que pensións e prestacións son o alicerce principal de ingresos nun bo número de fogares galegos. Así, e con dados de finais de 2013, as prestacións (pensións, desemprego,...) eran a fonte principal de ingresos no 42% dos fogares galegos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario