luns, 25 de maio de 2015

O Consello escolar solicita a retirada dos currículos de ESO e BAC

Desaproba a aplicación da LOMCE através das emendas á totalidade presentadas pola CIG-Ensino, CC.OO, UGT, Coordenadora galega de Movementos de Renovación Pedagóxica e a Confapa.

O Consello Escolar de Galiza rexeitou por maioría a aplicación da LOMCE através da desaprobación dos currículos escolares para o ensino secundario e o bacharelato.
Fíxoo através do apoio recibido polas emendas á totalidade presentadas polos diversos axentes que integran este órgao de carácter consultivo. A decisión --adoptada por 20 votos a favor e 17 en contra-- non terá efecto sobre a aplicación da LOMCE no ensino galego mais deixa en evidencia a oposición da comunidade educativa --agás o CSIF-- ao novo marco.
Só o CSI-F se aliñou coa administración
Desde a CIG-Ensino defendeu a retirada deste anteproxecto por fixar as reválidas en ESO e bacharelato por estar impregnado de principios neoliberais, inocular unha maior españolización, renunciar ás cativas competencias que ten o Goberno galego para fixar contidos, pola súa confesionalidade, por estar orientado a unha aprendizaxe memorística e academicista, promulgar valores reaccionarios e sexistas, afirmar un sistema clasista, competitivo e segregador ou renunciar á normalización lingüística, entre outras razóns.
Pola súa banda desde Comisións Obreiras argumentaron a súa postura en que a norma ten unha tramitación "tardía e precipitada" que vai "dificultar" que o profesorado poña en marcha "de forma adecuada" este decreto a principios do vindeiro curso. Deste xeito, a dita norma volverá á Consellaría para a súa modificación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario