Un informe da Organización para a cooperación e desenvolvemento económico sinala que coa crise, nos 34 estados que integra, o 10% dos máis ricos posúe o 50% da riqueza mentres que o 40% dos máis desfavorecidos ten só 3% da mesma.
A fenda entre persoas ricas e persoas pobres é máis grande que nunca nas últimas tres décadas. Así o recoñece a OCDE nun informe titulado ‘Por que menos desigualdade beneficia a todos’, documento no que sinala que ene estados como o español esa diferencia entre os que máis teñen e os que menos disparouse. Coa crise, e nos anos máis duros (2007-2011) no 10% dos fogares máis desfavorecidos perderon unha media dun 13% anual dos seus ingresos. Pola contra, o 10% dos fogares que máis tiñan perderon un 1,5% das súas ganancias. As capas máis baixas pagaron, malia ter menos, moito máis as consecuencias da crise que as privilexiadas.Nos 34 estados representados na OCDE o 10% das persoas máis ricas posúe o 50% do total a riqueza, mentres que o 40% das persoas máis pobres só detena ao 3 por cento da mesma. Os recortes sociais, os axustes fiscais, o desemprego... son algunhas das causas que neste informe se sinalan como explicación dese aumento preocupante da desigualdade.
O informe destaca tamén que a pobreza aumentou de maneira preocupante nos anos de estudo, 2007-2011, en toda a OCDE. A poboación que está por baixo do nivel da pobreza pasou do 1 ao 9,4%.
Ningún comentario:
Publicar un comentario