venres, 22 de maio de 2015

Consideracións ante as instrucións dalgunhas inspeccións/direccións sobre a proba de 3º

O STEG ten coñecemento de que algúns/algunhas inspectores/as ou directores/as están trasladando ao profesorado instruccións no sentido de faceren a avaliación de 3º de EP mesmo a aquel alumnado que acuda ao centro cun documento onde os seus titores legais manifesten a intención de que o neno/a non realice a proba.

Ante esta situación o STEG lembra que:
  1. É conveniente solicitar á inspección/dirección que todas as instrucións (non explicitadas en norma algunha) que deban ser implementadas polo profesorado ao seu cargo sexan aportadas por escrito.
  2. O profesorado ten a obriga de cumprir coas instrucións dadas pola inspeción/dirección como superior xerárquico e que calquera incumprimento neste senso pode ser obxecto de procedemento disciplinario. O alumnado que asista á aula o día da avaliación con autorización dos seus titores legais para non facer a proba poderá deixar a proba de avaliación en branco e achegar, xunto coa mesma, o escrito asinado polas nais/pais.
  3. Aínda que estas probas sexan finalmente avaliadas non terán, no presente curso, consecuencias académicas.
  4. Lembramos que esta medida de oposición pode non ter reflexo algún nas estatísticas, e inclusive non hai garantía algunha de que os responsables da avaliación adxunten o escrito á proba por ser documentación allea á mesma. Isto podería restar repercusión ao boicot e colocar as nenas e nenos de 8 anos nunha situación estresante, onde nin sequera van estar acompañados polas súas mestras e mestres. Por este motivo, recomendamos a opción da non asistencia do alumnado ao centro ou a organización de quendas de gardaría para acoller a aquel alumnado que non teña alternativa.
Non leves á túa filla/o ese día ao centro
Xustificación de inasistencia a clase os días da reválida
Xustificación da non realización da reválida
Consideracións ante as instrucións dalgunas inspeccións/direccións
Permanente do Secretariado Nacional

Ningún comentario:

Publicar un comentario