mércores, 27 de maio de 2015

A reválida iníciase hoxe con ausencia de nenos prevista no Manuel Rivero

Na zona hai 462 escolares de terceiro de Primaria convocados á proba.

A reválida para alumnos de terceiro de Primaria celebrarase hoxe e mañá nos centros educativos das comarcas para 462 nenos. Non todos estarán nestas probas que, segundo a Consellería de Educación non teñen efectos no expediente académico dos escolares. Pais do colexio Manuel Rivero de Lalín decidiron fai uns días nunha asemblea non enviar aos seus fillos ao centro estes dous días e evitar así que teñan que pasar polo exame.
O pronunciamiento contrario á reválida por parte dos pais de alumnos do Manuel Rivero foi o único nas comarcas, aínda que tamén algúns proxenitores de escolares do colexio Xesús Golmar, tamén en Lalín, mantiveron un encontro para abordar esa posibilidade. Neste caso non houbo consenso nin postura unánime, aínda que varios asistentes si anunciaron a súa intención de non levar aos seus fillos ao centro nestas xornadas.
Nas comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes a consellería cifrou en 462 os alumnos que deberían realizar a reválida. A maioría corresponden a Lalín, con 161 escolares de terceiro de Primaria, mentres que son 152 na Estrada. En Silleda son 63, con 39 en Vila de Cruces e quince en Forcarei. Completan a relación os catorce de Rodeiro e dez de Agolada, así como cinco en Dozón e tan só tres en Cerdedo. Desde hai semanas nos colexios vén preparando aos alumnos para afrontar esta proba académica.

Ningún comentario:

Publicar un comentario