luns, 18 de maio de 2015

Máis de 2.000 páxinas co dominio .gal, e sumando

Medra o número de webs que optan polo ‘puntogal’, axudando así a situar o país no mapa das redes e internet.

O número de páxinas con dominio .gal xa superan as 2.000. Unha cifra pequena en relación co número de webs existentes no país, mais importante porque indica un aumento constante desde a súa posta operativa, hai só uns meses. Ademais, e como informaron desde a propia asociación Puntogal, tanto administración xeral e do sector público autonómico de Galiza na internet  será .gal tanto para webs como para os correos electrónicos. “A administración galega estima en dous anos o tempo requerido para completar o proceso, que terá o dominio xunta.gal como punto central de acceso”.
Promoción
PuntoGal está a celebrar o Día das Letras e o Día das Telecomunicacións e Internet cunha rebaixa no prezo de máis dun 50%. Nos rexistradores sumados a esta acción, as persoas interesadas poderán obter o seu .gal por un prezo máximo de 25 euros máis IVE ata o día 31 deste mes.  Para poder utilizar a promoción, os interesados deben dirixirse ós seguintes rexistradores: Dinahosting, 101Domain, Entorno Digital, Soluciones Corporativas IP,Host Europe, Arsys, CDMon, Nominalia e 1&1 Internet. O dominio habilitou unha páxina con toda a información ó respecto en www.dominio.gal/promomaio .
O dominio PuntoGal, xestionado por unha asociación sen ánimo de lucro co mesmo nome, ten previsto o reinvestimento dos beneficios que consiga unha vez consolidado o dominio en programas de promoción da lingua e a rede en Galiza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario