A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización
Lingüística (CGENDL) proponlle á comunidade educativa, e en xeral a toda
a cidadanía galega, que presuman de galego todo o ano, difundindo entre
as súas amizades unha mensaxe positiva de orgullo lingüístico que
transcenda a efeméride puntual do 17 de maio. Con este obxectivo, a
CGENDL presenta o vídeo “Presume de galego”, para que cada persoa o comparta con outras 17 o vindeiro 17 de maio, ata facelo viral nas redes sociais.
Ver vídeo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario