Xa se pode consultar en liña o programa dos XVI
Encontros para a Normalización Lingüística, que terán lugar os días 24 e 25
de setembro de 2014 no Consello da Cultura Galega.
Nesta edición os Encontros van prestar unha especial atención á reflexión
sobre a (non?) política lingüística do Estado español e de Europa e á análise
contrastada das evolucións sociolingüísticas das tres linguas cooficiais das
respectivas nacionalidades (catalán, vasco e galego) e mais do asturiano, lingua
sen recoñecemento oficial. A inscrición realizarase exclusivamente a través do
formulario habilitado para este efecto. O prazo de inscrición remata o 14 de
setembro de 2014. O 15 de setembro farase pública a listaxe de admitidos.
Nestas ligazóns pódese consultar o programa completo e facer a túa inscrición nos Encontros.
Información tirada do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario