O Xulgado do social nº 3 de Compostela recoñece a nulidade do despedimento.
Os servizos xurídicos da CIG-Ensino gaña a
primeira sentenza contra a Secretaría Xeral de Política Lingüística
sobre o despedimento do profesorado dos CELGA. A sentenza foi emitida
polo Xulgado do Social nº 3 de Compostela, e aínda que cabe recurso de
suplicación contra a mesma, esta sentenza condena á Consellaría a
readmitir inmediatamente á traballadora despedida e a aboarlle os
salarios polo tempo que non foi contratada neste ano 2014.
Con esta sentenza o Xulgado admite a demanda da CIG-Ensino que
reclamaba a nulidade do despedimento argumentando que a traballadora
fora despedida como represalia por ter reclamado a regularización da súa
situación laboral. Así na sentenza ditamínase de maneira contundente
que se atentou contra os dereitos fundamentais da persoa despedida pois
non quedou probada por parte da Xunta a proporcionalidade e a
razonabilidade da medida adoptada "e o seu carácter absolutamente alleo a todo propósito atentatorio dos dereitos fundamentais".
En relación con isto, CIG-Ensino achegara probas relacionadas con que
os despedimentos foron o paso dado pola Secretaría Xeral de Política
Lingüística despois de que o profesorado afectado se adherise ás
denuncias presentadas polo sindicato ante a Inspección de traballo.
O Secretario Nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, manifestou que "Esta sentenza vén poñer en evidencia non só que está probada a relación laboral coa Consellaría, como denunciou a CIG-Ensino desde o inicio, senón tamén que os despedimentos foron consecuencia dunha actitude represiva da Consellaría de Educación con estas traballadoras e traballadores, algo absolutamente inadmisíbel por parte dunha Administración educativa. Estes feitos son motivo máis que suficiente para que o presidente da Xunta cesara fulminantemente o Conselleiro de Educación e o Secretario Xeral de Política Lingüística e ten que servir para readmitir a todo profesorado CELGA nos mesmos termos que recolle a sentenza”
Anxo Louzao declarou tamén que "Agardamos que o resto dos xuízos pendentes vaian no mesmo sentido que a sentenza ditada por este Xulgado. En todo caso, todo parece indicar que non está en tea de xuízo a existencia dunha relación laboral con estas persoas por parte da Administración. Xa no seu día, as Inspeccións de traballo recoñeceron a existencia desta relación e mesmo procederon a impoñer sancións á Consellaría, sancións que superaron os 200.000 €." Anxo Louzao lembrou que "A CIG-Ensino tentou en todo momento resolver esta situación pola vía do diálogo e sen chegar aos tribunais. Mais a Consellaría non atendeu a razóns, colocándose agora nunha situación moito máis custosa para os contribuíntes, pois ao fin e ao cabo os gastos que a Consellaría teña por mor destes litixios son fondos públicos que saen do peto de todas e todos."
"Isto ratifícanos na esixencia de dimisión do Secretario Xeral e do Conselleiro de Educación. Este Conselleiro de Educación debería ser inhabilitada para o exercicio de cargos públicos pois ten o triste currículo de acumular sentenzas contrarias á Administración, como resultado dunha xestión dirixida á imposición dos dogmas ideolóxicos do PP." sinala Anxo Louzao: "Non esquezamos que hai menos de 15 días faciamos pública a sentenza contra os concertos cos centros que segregan o alumnado por sexo, outro gran despropósito deste Conselleiro".

Ningún comentario:
Publicar un comentario