venres, 4 de xullo de 2014

Galicia, á cola na taxa de aprobados en España

Aínda que en xuño a taxa de aprobados en Galicia se sitúa sempre en torno ao 90%, no cómputo global das dúas convocatorias o dato baixa un pouco. Segundo os datos feitos públicos polo Ministerio de Educación, no 2013 o 82,6% dos alumnos presentados na comunidade superaron con éxito as probas.
ADVERTISEMENT
En comparación con outras rexións, Galicia sitúase na cola, en concreto, no penúltimo lugar, con soa Asturias por detrás (75,1%). Canarias foi a comunidade con maior taxa de aprobados o ano pasado cun 94,27%, seguida da comunidade valenciana (91,6%), Cantabria (91,3%), La Rioja (91,2%) e Aragón (91,1%).
Todas as comunidades alcanzaron cifras superiores ao 70%. Despois das cinco comunidades que se situaron nos postos máis altos do ránking, encontráronse Navarra (89,5), Castela e León (88,5), Extremadura (87,9), Castela-A Mancha (87,9), Cataluña (87,3), Madrid (86,9), Andalucía (86,7), Baleares (86,6) e Murcia (83).
Na convocatoria deste ano, e aínda que hai comunidades que aínda non contan cos datos definitivos, Galicia séguese situando co seu 90% de aprobados por debaixo da media. País Vasco, La Rioja e comunidade valenciana encóntranse entre as rexións con porcentaxes de aprobados máis elevadas, con 97,9, 97,8 e 97,7, respectivamente.
En Galicia realizaron a selectividade un total de 10.400 estudantes galegos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario