A CIG-Ensino exixe a demisión e inhabilitación do conselleiro de Educación porque “era coñecedor da ilegalidade dos concertos educativos con estes centros”.
A CIG-Ensino presentou un escrito dirixido á
Conselleira de Facenda solicitando que se proceda “á liquidación e á
esixencia do reintegro ao Tesouro de Galiza das cantidades indebidamente
percibidas polas empresas Fomento de Centros de Enseñanza SA e
Asociación Fontenova” que xestionan os centros Peñarredonda, Montespiño,
Acacias, Montecastelo e Aloya, logo do Tribunal Supremo ter anulado,
por sentenza firme ao recurso presentado pola CIG-Ensino, os concertos
educativos con estes centros que segregan o alumnado por razón de
xénero. O secretario nacional da
CIG-Ensino, Anxo Louzao, subliñou que na sentenza ditada polo Tribunal
Supremo se especifica que “non poden comprometerse fondos públicos para
estes centros” e que no entanto recibiron, entre o ano 2009 e 2013, 12
millóns de euros polos concertos educativos agora anulados. Louzao
explicou que a CIG tomou esta decisión considerando que estes fondos
teñen, por tanto, condición de créditos indebidos e, en consecuencia, a
administración “ten o deber de recuperalos e reintegralos á facenda
pública tal e como recolle a Lei de Réxime Financeiro e Orzamentario de
Galiza”.
Para o responsábel da CIG-Ensino, a falta de liquidación e a non exixencia destas cantidades “podería dar lugar a responsabilidades contábeis”, tal e como e como recolle tamén a Lei xeral Orzamentaria. A isto engadiu que o propio Código Penal “tipifica como malversación este tipo de actuacións”, polo que para a CIG “poderiamos estar diante dun delito de malversación”, afirmou.
Louzao demandou ademais que estas cantidades indebidamente percibidas por estes centros sexan destinadas ao ensino público, e sinalou, a modo de exemplo, que estes 12 millóns de euros superan en 5 os que se invisten en Normalización lingüística; representan preto do 50% do que se dedica a comedores escolares ou permitirían contar con 200 profesores/as máis un ano, que é o equivalente desta cantidade durante este período.
Dimisión e inhabilitación do conselleiro de Educación
O secretario nacional de CIG-Ensino afirmou ademais que “estamos diante dunha actuación que debe ter consecuencias políticas: a primeira ten que ser a dimisión do conselleiro, pero ademais hai que inhabilitalo para exercer cargos públicos”.
“Estamos ante un conselleiro que está ao servizo da patronal ligada ao OPUS DEI e dun modelo educativo retrógrado e discriminatorio; ao servizo dunha ideoloxía ultraconservadora, contrario ao que debe ser un ensino que procure a igualdade entre homes e mulleres e contra a perpetuación da discriminación da muller”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario