A alianza na que estivo CxG quere que estes idiomas sexa cooficiais tamén no Parlamento Europeo. É a primeira coalición e reclamar isto no novo pleno.
Os eurodeputados Izaskun Bilbao (PNV), Ramón Tremosa i Balcells
(Converxencia Democrática de Cataluña) e Francisco Gambús (Unión
Democrática de Cataluña) pediron este martes ao reelixido
presidente do Parlamento Europeo (PE), Martín Schulz, que permita o uso
do vasco, catalán e galego nos plenos.
Segundo un comunicado do PNV, con esta proposta os europarlamentarios
pretenden aplicar e mellorar o acordo sobre uso de linguas cooficiais
que existe no Estado español. Bilbao, Tremosa e Gambús avogaron por permitir á cidadanía relacionarse nestas linguas coa Comisión Europea (CE) e o Consello na primeira iniciativa lingüística neste senso presentada no PE.
Igualmente propuxeron mecanismos "a custo cero" para traducir de forma simultánea as intervencións que se produzan nos plenos de Estrasburgo.
O tres eurodeputados, elexidos na Coalición por Europa na que estaba
CxG, lembraron que a Eurocámara aprobou en setembro de 2013 por 645
votos a favor, 26 en contra e 29 abstencións, o denominado informe
Alfonsí, dedicado a propor medidas que melloren a protección das linguas
minorizadas e en perigo de desaparición en Europa.
Mediante este informe, o Parlamento Europeo instaba á Comisión Europea a defender con medidas lexislativas
e actuacións executivas as linguas minorizadas e en perigo de
desaparición. A Eurocámara alertaba do risco que corren estas linguas
ante os recortes do gasto que, a xuízo dos europarlamentarios, están a
levarse a cabo nas partidas de promoción da diversidade.
O tres eurodeputados consideraron que sería "coherente"
que o Parlamento Europeo "se implicara na posta en marcha desta
iniciativa". Este compromiso "outorgaría á Eurocámara unha posición de
liderado no desenvolvemento das súas previsións" e "permitiría que se
aliñase cos principios recolleitos na carta sobre linguas minorizadas",
afirmaron os europarlamentarios.
Ao seu xuízo, "propiciaría o achegamento da Cámara a preto de 50 millóns de persoas que utilizan este tipo de linguas en toda Europa cada día".
Bilbao, Tremosa e Gambús lembraron que teñen unha especial
lexitimidade" para levar a cabo esta reivindicación porque teñen "como
lingua materna un destes idiomas (euskera nun caso e catalán noutros
dous)". En todo caso, lembraron que representan a máis nacionalidades:
"Presentámonos ás eleccións baixo as siglas 'Coalición por Europa' que
agrupan a partidos de Cataluña, Euskadi, Galicia e Canarias", subliñaron os europarlamentarios.
Ningún comentario:
Publicar un comentario