Manuel María, Carvalho Calero, Fernández de la Vega, Xela Arias e Filgueira Valverde. Son os cinco nomes que optarán a suceder a Díaz Castro no vindeiro Día das Letras Galegas.
Cinco son os nomes que están sobre a mesa para optaren a ser homenaxeados no vindeiro Día das Letras Galegas.
Catro homes e unha muller son os que acadaron tres valedores dentro da
Academia para pasar á fase que conduce á elección final que se
desenvolverá este sábado no plenario da sede na Rúa Tabernas.
Cinco son os nomes e descoñécense as opcións de cada unha delas, en especial porque o goberno da Academia decidiu non posicionarse claramente por ningunha delas. Nin o presidente, Xesús Alónso Montero, nin o secretario Henrique Monteagudo non aparecen en ningunha das candidaturas presentadas. Do resto dos membros da executiva atópanse repartidos, Margarita Ledo é unha das valedoras de Manuel María mentres Rosario Álvarez aposta por Celestino Fernández de Vega.
Dous membros do ILG avalan Carvalho Calero
O eterno candidato, Ricardo Carvalho Calero, chega á última escolla avalado, entre outros, por dous lingüístas do ILG, Manuel González e Francisco Fernández Rei. Manuel González optou á presidencia nas eleccións que decidiron o pasado ano o substituto de Méndez Ferrín e Fernández Rei era membro da anterior executiva da Academia.
Por outra banda, desaparecen nomes como o de Fiz Vergara Vilariño que no pasado ano quedou de segundo na votación para o 2014. Malia térense feito tamén dez anos da súa morte, ter sido académico e presidente do Consello da Cultura Galega, tampouco aparece o nome do escritor Carlos Casares, da mesma maneira que se botou en falta o pasado ano. O amplo arquivo do escritor, o seu rico epistolario e o ritmo de traballo da Fundación ademais da propia vontade da familia poden ser a explicación para adiar a conmemoración dun dos escritores máis sólidos do século XX.
A decisión de Xesús Alonso Montero de non participar de forma activa no proceso para non implicar a presidencia da Academia pode ser unha das razóns da desaparición da listaxe de dous nomes de escritores do seu entorno que se sentiron xa desde hai anos para a conmemoración. Nin Manuel Lueiro Rey nin Ramón de Valenzuela -de quen se cumprirá o centenario o vindeiro ano- están entre os cinco finalistas.
Un membro, unha candidatura
Sorprende tamén a ausencia da escritora Luísa Villalta, de quen tamén se cumpren os dez anos da morte necesarios para optar ao Día das Letras Galegas. A desaparición próxima de dúas novas autoras como eran Xela Arias e Luísa Villalta xuntounas en conmemoracións e lembranzas e mesmo este ano o Consello da Cultura Galega desenvolveu unha xornada coordinada por Ana Romaní e Arturo Casas dedicada a ambas escritoras. O feito de que se impuxera unha norma non escrita de que cada membro da Academia apoiara só a un dos nomes explica que se produciran estas situacións.
O nome de quen será motivo de celebración, de estudo obrigado en centros de ensino, de homenaxe o 17 de maio e de publicación de toda a súa obra só se dará a coñecer ás 13.30 horas do sábado 5 de xullo, na conferencia de imprensa que a Academia ten convocada. Ninguén se atreve a apostar nun dos nomes e a experiencia apunta que non sempre sae o que se considera que ten máis avais dentro do plenario da institución mais, en principio, todo parece apuntar a que Manuel María e Filgueira Valverde teñen moitas opcións para estaren no debate final.

Ningún comentario:
Publicar un comentario