A Consellería de Educación deu onte a coñecer as prazas
vacantes nos diferentes ciclos medios da zona. Os de xestión
administrativa son os que máis presentan. No IES Losada Diéguez da
Estrada ten 27 das 30 ofertadas -houbo só tres solicitudes-, mentres que
no Laxeiro de Lalín conta con 24 das 31 -houbo sete inscricións-.
No IES Losada Diéguez tamén ten once prazas aínda
libres no ciclo de sistemas microinformáticos; nove no de instalacións
de telecomunicacións; e 16 no de carpintaría e moble. Pola súa banda, no
Aller Ulla hai 21 prazas vacantes no de sistemas informáticos, e no
Laxeiro, catorce no de instalacións eléctricas e oito en electromecánica
de vehículos e automóbiles. O Pintor Colmeiro ten 19 prazas libres no
ciclo medio de comercio, e o Marco do Camballón, 16 no de soldadura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario