A Secretaría de Estado de Administracións Públicas, dependente do Ministerio de Facenda, vén de publicar o seu boletín estatístico de persoal, no que debulla os e as profesionais que traballan para as diferentes Administracións por todo o territorio estatal, tamén fixándose en cada autonomía. Segundo as cifras do departamento que dirixe Cristóbal Montoro dende o ano 2010, o primeiro no que a Xunta traballou cuns Orzamentos elaborados polo gabinete popular de Feijóo, Galicia perdeu un total de 5.007 traballadoras e traballadoras no ensino non universitario e no Servizo Galego de Saúde.
A redución afecta especialmente á educación, con 4.026 docentes menos que no ano 2010Cando entraron en vigor as primeiras contas públicas do PP no seu retorno ao poder a Consellería de Educación tiña 38.151 docentes nas aulas non universitarias e a sanidade pública galega dispuña de 33.966 efectivos. Eran, naquela altura, case 3.000 docentes máis que un ano antes e 1.100 persoas menos no cadro de persoal sanitario. Dende ese momento os cadros de persoal comezaron a baixar en Educación, que xa prescindira de case 3.000 docentes, mentres que Sanidade incrementara o plantel nuns 1.000 traballadores e traballadoras.
No derradeiro ano do primeiro mandato de Feijóo, o 2012, a tendencia continuou no ensino e comezou na sanidade. Galicia contaba xa con 3.600 docentes menos nas aulas non universitarias e o cadro sanitario mermara en 168 profesionais. Tras revalidar a maioría absoluta a tesoira seguiu funcionando e levou por diante 400 persoas no ensino e outras tantas na sanidade. Segundo o informe máis recente no comezo de 2014 o recorte no ensino chegaba xa ás 4.026 persoas e no Sergas, ás 981.
Máis persoal nas consellerías
Os datos de Administracións Públicas non só certifican o recorte social da Xunta tamén no ámbito do persoal, senón que contradín a máxima pronunciada por Feijóo naquel balance de 100 días de Goberno, toda vez que mentres que educación e sanidade perden efectivos as consellerías gáñanos, aínda que sexa cun leve incremento. No inicio do período analizado, en 2010, as consellerías dispuñan de 16.318 persoas e a súa cantidade diminuíu un ano despois, ata 16.220. Non obstante, no derradeiro ano da lexislatura, en 2012, aumentaron ata as 16.855.A Xunta ten en 2014 máis persoal nas consellerías que no último ano do bipartitoO 2013, segundo estes informes, foi o ano de goberno de Feijóo con máis persoal nas consellerías, un total de 17.011 efectivos. A comezos de 2014 este cadro de persoal era de 16.666 homes e mulleres, 348 máis que en 2010, e 333 máis que en xaneiro de 2009, aínda co bipartito na Xunta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario