Pertenzo á xeración dos oitenta. Mozos con carreira, ás veces con
traballo e unha inexistente conciliación familiar e laboral. Din que
somos os pais de manual, temos que aprender en libros como deben durmir
ou comer os nosos fillos. Na tele, ademais, ensínannos como educalos. O
que ninguén nos conta son o malabar do día a día para ter unha familia:
involucrar avós de xeito permanente, xornadas interminables de traballo,
axudas inexistentes, non poder asistir á función de fin de curso do teu
fillo ou enfadarse porque os profesores piden tarefas para as cales non
tes tempo.
Todo cambia, claro, pero os nosos fillos seguen necesitando dunha dedicación que non podemos darlles. Respecto ao sistema educativo, nalgún momento alguén se reformulará que dous meses e medio de vacacións son inviables? Que os contidos educacionais non son os axeitados? Teño 34 anos, dúas fillas, e a sensación de que nada funciona como debe. Eles son o noso relevo de futuro e o noso presente. Pásasenos a vida e non facemos nada por corrixir a tempo erros previsibles. - Vanessa Pintado.

Ningún comentario:
Publicar un comentario