Mallando no android confirmou que a dirección do operador vén de
disponibilizar a nosa lingua entre as máis de 70 en que se pode empregar
o servizo de correo.
O servizo de correo electrónico de Google, Gmail, xa pode habilitarse
en lingua galega. Así o confirmaron desde o consello editor de Mallando
no android a Sermos Galiza.
A dirección de Gmail comezou a traballar após a petición que lle foi
remitida coa campaña #AndroidEnGalego e coa que Mallando no Android
quixo aumentar o número de servizos que Google desenvolve en lingua
galega. A partir desta segunda feira (6 de xullo) o noso caixote de
correo-e pode visibilizarse na lingua propia.
Para o faceres só hai que premer en Configuracións e elixir como opción 'Galego'.
Máis información: Código Cero.
Ningún comentario:
Publicar un comentario