. Modalidades de acceso.
1. Acceso ás ensinanzas deportivas de grao medio.
Terá acceso ao grao medio das ensinanzas deportivas o alumnado que cumpra calquera dos seguintes requisitos:
a) Dispor do título de graduado en educación secundaria, ou equivalente
para os efectos académicos, e superar unha proba específica. Para o
acceso ao segundo nivel de grao medio, ter superados os estudos do
primeiro nivel na correspondente modalidade ou especialidade deportiva.
b) O alumnado que non dispoña do título de graduado en educación
secundaria, ou equivalente para os efectos académicos, deberá ter 17
anos e superar a proba de madureza que se establece no anexo III desta
resolución, ademais da correspondente proba específica.
c) A proba de madureza poderase substituír pola proba de acceso a
ciclos formativos de grao medio de formación profesional ou de artes
plásticas e deseño, ou a de acceso á universidade para maiores de 25
anos.
2. Acceso ás ensinanzas deportivas de grao superior.
Terá acceso ao grao superior das ensinanzas deportivas o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:
a) Dispor do título de técnico deportivo na modalidade ou especialidade
deportiva correspondente, ter o título de bacharel, ou equivalente para
os efectos académicos, e cumprir cos requisitos relativos á experiencia
deportiva que se puideren establecer na especialidade ou modalidade
correspondente.
b) O alumnado que non posúa o título de bacharel, ou equivalente para
os efectos académicos, deberá ter 19 anos e superar unha proba de
madureza que se establece no anexo III desta resolución, ou 18 anos
sempre e cando posúa, ademais do título de técnico deportivo da
modalidade correspondente, un título de técnico relacionado con aquel a
que se desexa acceder.
Tanto nun como noutro caso, a idade mínima establecida deberase cumprir dentro do ano natural de realización das probas.
c) A proba de madureza poderase substituír pola parte común da proba de
acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional ou
de artes plásticas e deseño, ou a de acceso á universidade para maiores
de 25 anos.
DOG NÚM 127
Ningún comentario:
Publicar un comentario