Nese momento, explican na nota, entendían que era necesario restablecer determinados puntos para garantir o cumprimento deses pronunciamientos xudiciais, e tamén para respectar os preceptos establecidos por outras xurisprudencias, como a Lei de Normalización Lingüística de 1983, o Plan de Normalización do ano 2004, ou a Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias.
Neste sentido, as tres universidades consideran que os equipos de investigación adscritos a cada entidade podían contribuír a solucionar este aspecto desde a independencia e a través dunha alta cualificación, para facer unha avaliación "seria, transparente e rigorosa", prevista no decreto pero aínda sen executar.
Así mesmo, apuntaron que, polo momento, a Xunta non respondeu a esa petición de crear unha comisión mixta de traballo, un feito máis importante se cabe na actualidade vistos "os síntomas de aparente retroceso" -engadiron-, que experimenta o uso do galego na educación infantil e primaria do sistema educativo da Comunidade.
O texto conclúe que non poden existir motivos para que o Executivo galego "incumpra a obrigación" de realizar esa avaliación, que recolle a propia lexislación, polo que reiteran, "de novo", a súa oferta de colaboración institucional á Xunta nese ámbito.
Ningún comentario:
Publicar un comentario