Só unha páxina loce polo de agora o .gal. A da iniciativa que xestionou o dominio. A partir do 25 de xullo serán 90 en acceder ao .gal. Na conta atrás, súmanse entidades insitucións, empresas e asociacións que solicitan ser "pioneiros".
O portal informativo da asociación
que promoveu a iniciativa para a visibilización de Galiza na rede é o
único que, polo de agora, loce o .gal. Este dominio activarase a partir
do 25 de xullo na súa primeira fase na rede. Xa na conta atrás, súmanse
entidades, asociacións ou empresas que están a presentar a solicitude
para pertenceren ao grupo dos 90 “pioneiros” en acceder ao dominio
galego.
A Deputación de Lugo, o Parlamento de Galicia, a Mesa pola Normalización Lingúística e o BNG son as institucións, asociacións e organizacións que fixeron pública a súa candidatura a seren dos primeiros 90 en accederen ao dominio .gal. A Asociación non dá outros nomes, mais informa de que, conforme pasan os días, medran as solicitudes de entidades que queren formar parte do grupo de “pioneiros”, os primeiros en poder usar o dominio .gal que identificará a orixe galega na rede. De feito, a Asociación PuntoGal viuse na necesidade de ampliar o prazo até o 11 de xullo pola demanda de certas entidades que estaban interesadas en enviar a solicitude e pediron máis tempo para completar a tramitación.
Que podemos facer para que ninguén rexistre o noso enderezo co .gal?
Que recomenda a Asociación PuntoGal para quen ten unha páxina web? “Pois, en primeiro lugar, estar atentos a prazos e tempos para que ninguén se faga co teu dominio. Activamos un período precisamente para garantir o dereito daquelas entidades que opten pola súa reserva preferencial. Teñen que estar pendentes do período de “Abrente”, para solicitar o dominio”, explica Camilo Regueiro. É dicir, aconsella que quen teña unha páxina con .org, .com ou .es faga a súa reserva para o .gal porque, de non ser así, corre o perigo de que alguén se faga co novo dominio. “Entre setembro e novembro empresas ou entidades que teñan marcas e a propia administración terán preferencia. Daráselle prioridade, poño por caso, a que os concellos se fagan cos dominios dos nomes das cidades ou vilas, concederlles, en definitiva, certos dereitos á hora de que ninguén se faga coas súas marcas”, engade Camilo Regueiro.
Animan tamén ás entidades máis fortes a participaren no programa de “pioneiros” porque ¨´e unha maneira de amosar á sociedade galega o interese de sumarse á iniciativa e, ao tempo, funcionarán como patrocinadores, como campaña de promoción do propio dominio”. Durante catro meses serán os únicos con presenza na rede que se gabarán de rematar cun novo .gal.
Campaña para sermos moitos .gal
A partir de aí a Asociación PuntoGal botará a andar unha campaña con distintas iniciativas encamiñadas a convencer a xente de que use o dominio. Entre as vantaxes, destacan o valor simbólico que identifica a unha entidade ou empresa que pertence á sociedade galega.
“O .gal é o dominio que debe correspondernos como comunidade con fortes vencellos lingüísticos, culturais, históricos, sociais... unha especie de sufixo co que identificar en Internet as páxinas escritas en galego e que se dirixan á sociedade galega nas súas comunicacións en liña que, tendo en conta a nosa dispersión no mundo, non se circunscriba a un ámbito territorial concreto”, explican desde a páxina informativa de todo o proceso que se atopa no enderezo dominio.gal, a única que leva polo de agora a marca de Galiza no mundo da rede.

a Asociación PuntoGal viuse na necesidade de ampliar o prazo até o 11 de xullo pola demanda de certas entidades que estaban interesadas en enviar a solicitude para acceder ao novo dominio como "pioneiras"Unha vez feita a selección que atenderá a diversos criterios, as entidades escollidas poderán activar o dominio que iniciará a identificación de orixe galega na rede. “Temos que facer unha selección e o obxectivo é que as entidades relevantes teñan prioridade. Trátase dun proceso interno no que se escollerán, fundamentalmente, as de maior relevancia social, sen implicar merma de dereitos. Serán a proa do barco, a avanzada do que agardamos que logo se espalle con forza”, sinala Camilo Regueiro, da Asociación PuntoGal. Despois comezará o proceso de suma de novos enderezos e, entre setembro e novembro, abrirase unha convocatoria máis xeral na que empresas, institucións e entidades poderán facer a súa solicitude a prezo de mercado de dominio, sen o custe que ten que asumir quen aposte por ser nomeado “pioneiro”. A partir de decembro, o proceso xa será aberto.
Que podemos facer para que ninguén rexistre o noso enderezo co .gal?
Que recomenda a Asociación PuntoGal para quen ten unha páxina web? “Pois, en primeiro lugar, estar atentos a prazos e tempos para que ninguén se faga co teu dominio. Activamos un período precisamente para garantir o dereito daquelas entidades que opten pola súa reserva preferencial. Teñen que estar pendentes do período de “Abrente”, para solicitar o dominio”, explica Camilo Regueiro. É dicir, aconsella que quen teña unha páxina con .org, .com ou .es faga a súa reserva para o .gal porque, de non ser así, corre o perigo de que alguén se faga co novo dominio. “Entre setembro e novembro empresas ou entidades que teñan marcas e a propia administración terán preferencia. Daráselle prioridade, poño por caso, a que os concellos se fagan cos dominios dos nomes das cidades ou vilas, concederlles, en definitiva, certos dereitos á hora de que ninguén se faga coas súas marcas”, engade Camilo Regueiro.
Animan tamén ás entidades máis fortes a participaren no programa de “pioneiros” porque ¨´e unha maneira de amosar á sociedade galega o interese de sumarse á iniciativa e, ao tempo, funcionarán como patrocinadores, como campaña de promoción do propio dominio”. Durante catro meses serán os únicos con presenza na rede que se gabarán de rematar cun novo .gal.
Campaña para sermos moitos .gal
A partir de aí a Asociación PuntoGal botará a andar unha campaña con distintas iniciativas encamiñadas a convencer a xente de que use o dominio. Entre as vantaxes, destacan o valor simbólico que identifica a unha entidade ou empresa que pertence á sociedade galega.
“O .gal é o dominio que debe correspondernos como comunidade con fortes vencellos lingüísticos, culturais, históricos, sociais... unha especie de sufixo co que identificar en Internet as páxinas escritas en galego e que se dirixan á sociedade galega nas súas comunicacións en liña que, tendo en conta a nosa dispersión no mundo, non se circunscriba a un ámbito territorial concreto”, explican desde a páxina informativa de todo o proceso que se atopa no enderezo dominio.gal, a única que leva polo de agora a marca de Galiza no mundo da rede.
Ningún comentario:
Publicar un comentario