Noventa e tres son os enderezos que contarán a partir deste 25 de
xullo co .gal. Os pioneiros foron presentados publicamente pola
Asociación Puntogal esta terza feira (22 de xuño) que subliñou a
presentación de máis solicitudes das que podían acceder ao dominio de
maneira inicial.
Sermos Galiza atópase entre estas as entidades, asociacións,
fundacións e colectivos que, segundo a Asociación, amosaron "o
compromiso que existe en odos os sectores da sociedade para que Galiza
teña un identificador de seu na Rede".
Na comparecencia de imprensa o presidente de puntoGAL salientou as
vantaxes económicas, técnicas e simbólicas que aportará ao país dispor
dun identificador de máximo nivel. "Os participantes neste programa son
pioneiros de algo tan importante como que neste medio revolucionario que
condiciona as nosas vidas Galicia teña un carné de identidade, que a
lingua galega teña visibilidade", afirmou González.
Ningún comentario:
Publicar un comentario