O académico Xosé Luís Axeitos sae ao paso á decisión da RAG de nomear a Filgueira Valverde para o vindeiro Día das Letras Galegas, opción que define como “inoportuna”. Man dereita de Ferrín na anterior executiva, considera que a Academia está “finiquitada” e que é preciso dar pasos adiante para que o diálogo volva á sede da rúa Tabernas.
Estou abraiado, sorprendidísimo. Paréceme lamentábel que Filgueira se convertera pim-pam-pum, que o botaran diante dos cabalos. O problema non é Filgueira, aínda que todos saibamos o que significou, o problema é unha institución que non ten capacidade para tender redes culturais na sociedade. Filgueira ten unha obra extraordinaria, moi positiva para a cultura mais o calamitoso é a inorportunidade de metelo neste momento. A Academia é unha institución que non ten capacidade para facer unha proposta social aceptábel. Un tema como este decídese por diálogo, non por votación.
"A institución non sabe tender redes coa sociedade para facer un acto celebratorio dunha cultura que está tan necesitada deles".-Entón, ao seu ver, o tema é que este non é o momento?
A institución non sabe tender redes coa sociedade para facer un acto celebratorio dunha cultura que está tan necesitada deles. Nada máis. Insisto en que o problema non é Filgueira. Este non é o momento. O que temos que analizar é as razóns de tan escasa capacidade de conectar coa sociedade. A Academia neste momento só ten capacidade para facer votacións. É unha institución acabada, finiquitada.
-Que diferencias atopa con respecto a cando formaba parte da executiva?
"Que fose o Secretario Xeral de Política Lingüística quen dera a noticia é síntoma dunha enfermidade",Neste momento, considero que alguén dos que propuxeron a Filgueira tiñan que ter saído xa a dar explicacións. Que fose o Secretario Xeral de Política Lingüística quen dera a noticia é síntoma dunha enfermidade, un síntoma patolóxico moi grave que nunca ocorrera na Academia. Hai anos había tres reunións previas, e non se votaba nunca e saía unha persoa. Non se daba un formalismo tan ríxido da votación. Eran propostas abertas que se discutían porque o clima era propicio. Cando saíu, por exemplo, María Mariño, considerabamos que había que buscar unha muller, que había esa demanda, e así se acordou.
-A dimisión de Ferrín deixou á vista a dimisión interna. Segundo o que di, dá a impresión de que o ambiente na RAG é irrespirábel?
A miña vontade é contribuír á rexeneración e recuperar un clima apropiado mais non vou adiantar máis que isto. Prefiro pospoñer unha explicación demorada porque quero que algunhas palabras sirvan para dar pasos adiante. Non vou ir máis alá disto. A Academia está enferma, danada de morte e témonos que xuntar para poder quitala desta situación degradante na que está. Non se pode andar a coiteladas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario