Ferrol,
26 de xullo de 2014.- As festas que deberían servir para o desfrute da
totalidade das veciñas e veciños de Ferrol, para convidar a nos
acompañaren a persoas da Galiza e de fóra dela, para impulsar a cultura
da nosa comarca e a nacional como fonte de recursos económicos, son
utilizadas para afastar o galego nunha ideolóxica e antieconómica aposta
do PP.
Nun
concello onde as perspectivas económicas son máis que negativas que
renuncien a apoiar á nosa plural e moi cualificada cultura é de pasmo,
que o galego sexa literalmente varrido debería facer dimitir á
concelleira de Normalización Lingüística, Martina Aneiros, se tiver un
mínimo de dignidade.
Por
último, o responsábel da Mesa na comarca de Ferrol, Carlos Outeiro,
considera que “as veciñas e veciños de Ferrol teñen dereito a coñecer a
posición da distintas organizacións que pedirán o voto nas vindeiras
eleccións municipais pois pretenderán asumir a responsabilidade de
marcar as directrices das festas do ano que vén”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario