A carencia material severa supón que unha persoa ten, cando menos, unha das seguintes eivas: non pode ir de vacacións nin tan sequera unha semana ao ano, non pode comer carne, polo ou peixe polo menos cada dous días, non pode manter a vivenda na temperatura axeitada, non pode afrontar gastos imprevistos, tivo atrasos en pagamentos relacionados coa vivenda ou non pode ter coche, teléfono, televisión en cor ou lavadora.
O 7,5% das familias con nenos en Galicia teñen carencia material severaA taxa no caso dos fogares sitúase a nivel xeral en Galicia no 4,1% -fronte ao 5,8% no conxunto do Estado e o 9,9% da UE- pero elévase ao 7,45% en canto ás familias con nenos ao seu cargo. As áreas con máis concentración de poboación en risco de carencia son a Costa da Morte, Barbanza-Noia, Caldas-O Salnés e Vigo-Pontevedra sur.
En canto á carencia material en global, refírese á persoa que ten carencia polo menos en tres dos seguintes conceptos: non pode ir de vacacións cando menos unha semana ao ano, comer carne, polo ou peixe polo menos cada dous días, manter unha temperatura axeitada na casa, afrontar gastos imprevistos, ter atrasos nos pagos da vivenda principal, non ter coche ou non ter ordenador persoal. Neste caso, en Galicia afecta o 21,12% dos fogares pontevedreses con menores, ao 19,05% dos ourensáns, ao 18,34% dos coruñess e ao 13,18% dos lucenses.
O informe da Xunta comeza constatando que no período de crise "intensifícase" o risco de pobreza en Galicia. No entanto, resalta que "a pesar diso, os principais datos sobre risco de exclusión para Galicia son mellores que os do conxunto do Estado e converxen coas medias europeas".
Así, fixa a taxa Arope -o principal indicador utilizado no ámbito europeo- no 26,02% para familias con nenos en 2012, fronte ao 23,22 de 2011 (2,8 puntos máis). Este dato, no conxunto do Estado, sobe até o 33,8%, mentres a UE dos 27 está no 28% e baixa ao 25,6% na zona euro. O risco de pobreza infantil "concéntrase nas grandes áreas urbanas", advirte.
"O rural está mellor", recoñece a Xunta, que destaca o maior risco de pobreza no sur de Galicia"O rural está mellor", recoñece a Xunta, que sitúa a taxa Arope que fixa a maior proporción de fogares con menores en risco de pobreza no sur de Galicia, nas áreas de Caldas-O Salnés e Pontevedra sur (en Pontevedra), O Carballiño-O Ribeiro e Ourense sur (en Ourense) e Lugo sur.
"En Galicia existe unha rede de apoio familiar e veciñal importante e máis intensa que noutras comunidades", asegura o Goberno, que recoñece a necesidade de atender a cronificación da pobreza e situacións de risco nas que poida previrse a transmisión interxeracional.
O estudo asegura que en Galicia "hai unha menor desigualdade de ingresos entre os fogares", aínda que asume que a existencia de nenos "supón un foco de desigualdade en relación aos fogares con só persoas adultas". Ademais, é o desemprego a "principal causa" do aumento do risco de pobreza infantil, así como o réxime de vivenda en aluguer un indicador de risco "máis intenso".
Ningún comentario:
Publicar un comentario