A
Mesa pola Normalización Lingüística vén de lanzar unha campaña pola
promoción da música en galego nas festas, a través do vídeo "En
galego... Festa rachada!".
No vídeo participan distintos artistas, como Leo F. Campos, Caxade, Mini e Mero ou Xurxo Souto, que dan lectura a un texto que, tras denunciar que "en moitos ámbitos, o galego non é visíbel" e que "persisten os prexuízos de que o galego non serve para as cousas importantes, para o que ten unha dimensión social, para o público", fai un chamamento a escoitar e "ir de troula" este verán con música cantada na lingua propia de Galicia.
Máis información e vídeo da campaña na páxina web da Mesa e mais en Praza Pública.

Ningún comentario:
Publicar un comentario