Abraham Pinheiro, Joam Peres e Aurélio Lópes son 3 das 12 persoas que van ser xulgadas a vindeira semana a raíz da resposta dada nas rúas á manifestación de 2009 de Galicia Bilingüe. ''Afrontamos o proceso co orgullo de estara quel día na defensa do galego'', afirman. Vídeo de Irmandade TV no interior.
O 20, 22 e 23 de maio os Xulgados de
Compostela acollerán o xuízo contra 12 persoas para as que a Fiscalía
pide 46 anos de prisión e 34.000 euros de multa a raíz da resposta dada
na rúa en 2009 a unha mobilización de Galicia Bilingüe. “Afrontamos o
proceso coa alegría e o orgullo de estar aquel día en defensa do
galego”, di Abraham Pinheiro. Con 'aquel día' refírese o 8 de febreiro
de 2009. Unha manifestación en defensa do español convocada por Galicia
Bilingüe (GB) reunía en Compostela a centos de persoas. “Viñeron
autobuses de todo o Estado español, algúns deles fletados pola Falange
ou UpyD”, lembra Joam Peres, que enfatiza: “Era unha manifestación polo
exterminio do galego”.
“Converter un conflito social nunha cuestión de orde pública”
Aurélio Lópes critica que se estea a pretender reducir un “conflito lingüístico, social” a unha cuestión xurídica. “Reducilo a un tema de orde público, duns simples incidentes”. Esquecendo que o galego está a esmorecer a pasos axigantados e que hai responsábeis desa situación.
Aurélio considera que a Fiscalía pretende facer pasar por violentos, por verdugos a persoas comprometidas coa defensa desta língua e deste país”. Abraham Pinheiro cualifica o proceso o que están sometidos de “aberración xurídica” e lembra que hai encausadas persoas que nin sequera foron identificadas ou detidas naquel día, senón posteriormente.
Concentración perante os xulgados
A petición da defensa dos e das encausadas é a absolución. “É o lóxico”, acrecenta Aurélio Lópes. O desproporcionado das peticións (46 anos de prisión) non lles sorprende: “Estamos vendo como hai traballadores que están a piques de entrar na cadea por tomar parte nun piquete”, denuncia Joam Peres. Como en prisión está un dos acusados que a vindeira semana terá que asistir a este xuízo, Teto Fialhega, cumprindo unha pena de 15 anos. “Dispersado, coas consecuencias que iso ten para el, familiares e amigos”, apunta Abraham Pinheiro.
O luns día 20 de maio ás 9:00 horas hai convocada unha concentración nos Xulgados de Fontiñas (Compostela) en apoio a estas 12 persoas. “Chamamos a todos os axentes e colectivos a que acudan para dar unha resposta clara e contundente” a esta estratexia de criminalización.
O HT #8f45 anos está a reunír nas redes sociais múltiples mensaxes de apoio e solidariedade para cos encausadosFronte esa 'provocación' concentráronse “centos de cidadáns para rexeitar esa mobilización ultra. E houbo ducias de identificacións da Policía, e cargas... Froito diso, 12 cidadáns galeg@s a xuízo”, apunta Peres.
“Converter un conflito social nunha cuestión de orde pública”
Aurélio Lópes critica que se estea a pretender reducir un “conflito lingüístico, social” a unha cuestión xurídica. “Reducilo a un tema de orde público, duns simples incidentes”. Esquecendo que o galego está a esmorecer a pasos axigantados e que hai responsábeis desa situación.
Aurélio considera que a Fiscalía pretende facer pasar por violentos, por verdugos a persoas comprometidas coa defensa desta língua e deste país”. Abraham Pinheiro cualifica o proceso o que están sometidos de “aberración xurídica” e lembra que hai encausadas persoas que nin sequera foron identificadas ou detidas naquel día, senón posteriormente.
Concentración perante os xulgados
A petición da defensa dos e das encausadas é a absolución. “É o lóxico”, acrecenta Aurélio Lópes. O desproporcionado das peticións (46 anos de prisión) non lles sorprende: “Estamos vendo como hai traballadores que están a piques de entrar na cadea por tomar parte nun piquete”, denuncia Joam Peres. Como en prisión está un dos acusados que a vindeira semana terá que asistir a este xuízo, Teto Fialhega, cumprindo unha pena de 15 anos. “Dispersado, coas consecuencias que iso ten para el, familiares e amigos”, apunta Abraham Pinheiro.
O luns día 20 de maio ás 9:00 horas hai convocada unha concentración nos Xulgados de Fontiñas (Compostela) en apoio a estas 12 persoas. “Chamamos a todos os axentes e colectivos a que acudan para dar unha resposta clara e contundente” a esta estratexia de criminalización.
Ningún comentario:
Publicar un comentario