No primeiro dos tres puntos que o programa europeo dos populares dedica a educación e cultura a promesa é a de "traballar para liderar, coa axuda comunitaria, programas de reforzo en materias esenciais como lingua e matemáticas". No caso galego, este difuso obxectivo concrétase anualmente no programa de prevención do abandono escolar, dependente dos orzamentos da Consellería de Educación. Este plan, que inclúe "actuacións encamiñadas á prevención do abandono escolar temperán", "medidas para favorecer un ambiente de aprendizaxe que conduza a mellora do éxito escolar" ou "garantir o acceso á educación en condicións de igualdade" está dotado en 2014 con 17,36 millóns de euros.
Os populares comprométense a "traballar para liderar programas de reforzo en materias esenciais como lingua e matemáticas"Os cartos cos que o departamento que dirixe Jesús Vázquez financia o programa este ano son case un 30% menos que no ano 2009, no que o PP chegou á Xunta cos orzamentos da coalición de PSdeG e BNG xa en vigor. Daquela Educación reservaba a esta fin 24 millóns de euros. Nunha liña moi semellante mantívose o PP no seu primeiro orzamento, o de 2010, cando mantivo a prevención do abandono escolar en 23,35 millóns de euros. Dende ese momento a liña ascendente apenas se detivo nin sequera neste 2014, cando moitas partidas deixaron de caer.
A caída é semellante á do conxunto do orzamento, polo que esta partida non quedou á marxe dos recortesNas segundas contas públicas con Feijóo na Xunta, en 2011, o programa para previr o abandono escolar estaba xa en 18,33 millóns. Tras un lixeiro ascenso en 2012 ata os 18,49 millóns o Goberno galego recuperou a retallada en 2013, rebaixándoo ata 17,50 millóns, e neste 2014 os fondos quedaron en 17,36 millóns de euros. Se ben é certo que a caída destes fondos de case un 30% é practicamente idéntica á caída xeral dos fondos totais dos Orzamentos non o é menos que este feito contradí os argumentarios oficiais, segundo os cales as partidas educativas, como as sanitarias e as sociais, quedarían á marxe dos recortes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario