De igual xeito, no artigo 11, que fixa os "contidos transversais" recóllese a importancia da participación dos nenos e nenas "en actividades que lle permitan afianzar o espírito emprendedor e a iniciativa empresarial”. En cambio, lembra o sindicato, en ningún lugar do decreto se prevé a existencia de contidos relacionados coa educación afectivo–sexual. Para o STEG este deseño "obedece a unha concepción de marcado nesgo neoliberal e que está inspirada nunha lóxica máis mercantilista que propiamente educativa".
En ningún lugar do decreto se prevé a existencia de contidos relacionados coa educación afectivo–sexualNon é a única crítica que o sindicato realiza ao proxecto de decreto. Sinala, igualmente, que entre os contidos transversais prevé “o estudo do Holocausto xudeu como feito histórico”. Para o STEG, que non nega a necesidade do estudo deste feito, "existiron na historia varios holocaustos e que paga a pena incluílos todos eles: o holocausto armenio, o xudeu, xitano, a actual crise humanitaria en territorios palestinos provocada por Israel ou os xenocidios das poboacións orixinarias nas américas". Nese mesmo senso, bota en falta que na área de valores sociais e cívicos, canda ao estudo do holocausto xudeu e os campos de concentración do nazismo, non se estude a guerra civil ou a represión franquista. Ou que por exemplo, mentres en varios lugares se recomenda o estudo da Monarquía española, non haxa nin unha mención a outras formas de goberno, coma a República, e tampouco referencia ningunha á ditadura franquista.
Mentres en varios lugares se recomenda o estudo da Monarquía española, non haxa nin unha mención a outras formas de goberno, coma a República, e tampouco referencia ningunha á ditadura franquistaO decreto desenvolve algúns dos elementos máis criticados da LOMCE, que retira varias das súas competencias aos Claustros. No seu artigo 6 refírese á autonomía pedagóxica e organizativa "da que en teoría van dispoñer os centros docentes, mais, como marca a LOMCE, serán as direccións e non os Claustros (como viña sendo até agora), as que pasarán a ter a potestade de aprobar a Programación Xeral anual". Para o STEG fálase de “autonomía” para as direccións dos centros, "pero non para o conxunto de sectores da comunidade educativa representados no Claustro e no Consello Escolar". O sindicato conclúe que "o proxecto consagra unha ferramenta máis para privarnos da participación e do dereito ao control democrático na vida dos centros educativos".
Para o STEG fálase de “autonomía” para as direccións dos centros, "pero non para o conxunto de sectores da comunidade educativa representados no Claustro e no Consello Escolar"De igual xeito, no artigo 12 fálase das reválidas dos cursos 3º e 6º, que o STEG rexeita "porque a verdadeira avaliación dos procesos de aprendizaxe do alumnado ten que ser continua e global e debe ser realizada non por axentes externos, senón polas propias persoas docentes en cada centro". Para o sindicato "estas dúas probas, con toda seguridade, farán perder un tempo precioso na súa preparación, deturparán en certa medida o enfoque e os contidos de moitas das actividades que se desenvolvan durante o curso nos centros" e, ademais, "lanzarán a unha parte do profesorado e a unha porcentaxe de centros a unha dinámica de competitividade" para quedaren por riba dos "valores que a Consellaría, para tal obxecto, determine", como afirma o decreto neste artigo.
As reválidas "farán perder un tempo precioso na súa preparación, deturparán en certa medida o enfoque e os contidos de moitas das actividades que se desenvolvan durante o curso nos centros"Por último, o STEG critica a falta de información sobre a dispoñibilidade das horas de libre configuración que terán á súa disposición os centros "para afondar e/ou reforzar algunha das áreas deste bloque” ou para “optar por establecer outra ou outras áreas que determine o centro”. O sindicato denuncia que este punto do decreto pode servir para que algúns centros se especialicen mediante un “proxecto educativo de calidade” (artigo 122 bis da LOMCE), que deberá ser “competitivo” e ao que se lle permitirá xestionar tanto recursos humanos como materiais e financeiros. Ábrese -salienta- a porta para "seleccionar unha parte do profesorado se se opta por esta especialización".
Ningún comentario:
Publicar un comentario