A presidenta de Galicia Bilingüe foi a 'estrela mediática' da terceira sesión do xuízo #8f45anos, proceso que terá unha cuarta vista o vindeiro 13 de xuño. A propia xuíza chamoulle a atención por dúas veces a Gloria Lago.
O xuízo #8f45anos terá unha cuarta vista, o
13 de xuño ás 10:00, para dar cabida a testemuños como o de Rosa Díez
(UpyD) que non puido asistir esta terza feira aos xulgados de Fontiñas
(Compostela) por estar en campaña electoral. Mais a ausencia de Rosa
Díez non quer dicir que nesta terceira sesión non houbese 'estrelas
mediáticas' na sala. Estaba Gloria Lago, presidenta de Galicia Bilingüe,
que acusou con nomes e apelidos a diferentes entidades e organizacións
de defensa do galego de apoiar a violencia. Iso fíxoo no seu hábitat
favorito, ante os medios, e mesmo pedindo á Xunta que adoptase medidas
para evitar que eses colectivos a prol do galego fixesen actividades con
menores de idade. Na sala, a propia xuíza chamou por dúas veces a
atención, segundo versión de persoas presentes, a Lago por falar na súa
declaración de cuestións que non viñan ao caso.
Nun momento da súa declaración, a presidenta de GB mesmo sinalou a un dos encausados, A.L e pronunciou o seu nome, o que motivou a protesta. Tamén afirmou que hai cinco anos recibira cartas e correos ameazantes advertíndolle do que pasaría se convocaban a manifestación. Lago cualificou o que aconteceu aquel día de 2009 como “batalla campal” e dixo que a manifestación de GB era legal, achacando o sucedido aos fanáticos da ''kale borroka''. Declaracións que leva reiterando, periodicamente, desde 2009.
“Fica claro que as acusacións non se sosteñen”
Nesta sesión tamén falaron outras testemuñas, como o compañeiro de piso de R.R, que corroborou que este estaba en Vigo e non en Compostela o día dos feitos. Entre as persoas chamadas a declarar estaba Carlos Morais, secretario xeral de Primeira Linha e membro de Nós-Unidade Popular que no día dos feitos foi albo de golpes, insultos e empurróns por un grupo de anti-disturbios. Morais denunciou a "agresión policial permanente", así como a protección que estes brindaban a unha mobilización "supremacista española".
Aurélio Lópes, unha das 12 persoas encausadas neste proceso (para as que piden 45 anos de carcere) afirmou á saída do xuízo que “fica claro que as acusacións contra nós non se sosteñen”, polo que agardan a libre absolución ou a retirada dos cargos. Aurélio mantén que o xuízo “é político” e agradeceu “o apoio e solidariedade” de diferentes partidos, colectivos, organizacións para cos 12 procesados.
Sen relación
Cómpre lembrar que na segunda xornada do xuízo, na que declararon máis de 20 axentes das forzas de seguridade, Os policías non puideron relacionar con feitos concretos a dez dos once encausados. Algo que mesmo as axencias de información destacaron, así como a existencia de 'listaxes' de independentistas nas FSE.