Gamy estrea un rap inspirado nas mámoas de Oirós e Rodeiro aproxímase a Díaz Castro.
Na semana das Letras Galegas, os actos na honra á lingua e ao autor homenaxeado este ano, Xosé María Díaz Castro, sucédense, sobre todo, entre os escolares. Onte alumnos do instituto de Vila de Cruces asistiron á presentación do rap que o seu compañeiro Gamy escribíu en galego, inspirándose nas mámoas de Oirós. Tamén os estudantes do CPI de Rodeiro escoitaron unha charla sobre o poeta de Guitiriz. Os centros continúan hoxe e mañá lembrando ao autor. Tamén a programación municipal se suma a estes acto: Hoxe hai un taller creativo na biblioteca cruceña ás 17.45 horas.
A peza "é un apoio ao proxecto Mámoas do Camballón. Palabras de Pedra", que vén desenvolvendo o centro cruceño, explica o compositor. A necrópole megalítica e as lendas asociadas servíronlle de inspiración a este estudante, que fixo unha comparativa entre a importancia das mámoas de Oirós e "a forza da lingua e o que leva loitando" pola súa supervivencia. Ensinándonos as palabras de pedra/aprendéndéndonos a resistir todo a pesar dos golpes/e como antigos guerreiros seguimos sendo fortes. Son algúns dos versos da peza, candidata a ser incluida no disco que o músico conta publicar en setembro.
Ao acto de presentación, celebrado no propio instituto, acudiron compañeiros seus; o mestre Séchu Sende; e Álex Fiuza, en representación da asociación Novo Cruceiro Rock, colectivo colaborador do proxecto educativo. Precisamente, esta asociación programa actos para o Día das Letras o sábado 17. Entre as 11.30 e as 13.00 horas, na praza diante do consistorio cruceño, celebrará un obradoiro de creación, con pintadas de cartaces con frases célebres de Díaz Castro. Logo, entregará os premios aos gañadores do concurso de relatos 'Rastalabras' e procederá á lectura dalgún fragmento da obra do poeta homenaxeado.
Música en Rodeiro
Por otra banda, a Coral Polifónica de Rodeiro e os Gaiteiros Os Arandos, tocarán tamén o sábado no Festival de Música Tradicional na honra das Letras Galegas. O concerto comezará ás sete da tarde na Casa da Cultura de rodeirense.
Ningún comentario:
Publicar un comentario