martes, 20 de maio de 2014

Os milleiros de persoas que saíron á rúa o 17M son unha mostra máis da ampla demanda social de pasos adiante para o galego


Marcos Maceira: “A Xunta e o presidente Feixó deberían tomar nota e pórse a traballar dunha vez a favor da lingua galega, que nos une e identifica”.

Cualifica as declaracións de Anxo Lorenzo como “vergoñentas, propias de quen despreza a lingua e a cultura galega, mais non sorprendentes vindo de quen promoveu o decretazo que converte Galiza no único territorio onde está prohibo impartir en galego determinadas materias na lingua propia”.



Tras a exitosa mobilización do pasado 17 de maio con actos nas sete cidades galegas e Foz, nos que participaron miles de persoas, a Mesa pola Normalización Lingüística demanda das intitucións públicas, nomeadamente da Xunta presidida por Núñez Feixó, que escoiten a voz da imensa maioría da sociedade galega e retornen ao camiño do estatuto, a Lei de Normalización  Lingüística e o Plan Xeral de Normalización da Lingua galega que en setembro fará 10 anos da súa aprobación por unanimidade.
Para o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística “Un presidente que despreza a lingua da súa nación, despreza a súa nación. A lingua une, quen a nega e a persigue separa e divide” por iso anima Feixó a  “sumarse a maré humana que mantén viva a lingua galega, que quere dignidade e futuro para o seu país e que retorne como mínimo á legalidade, á promoción e normalización da lingua galega e da identidade de Galiza.”
Neste sentido cualificou de vergoñentas e propias de quen despreza a lingua e a cultura galega, as declaracións do Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, principal promotor do decretazo contra o galego que convirte o galego na única lingua do estado cuxa utilización está prohibida en determinadas materias.
A respeito das palabras de Xesús Alonso Montero, presidente da RAG, sobre a situación do noso idioma, Maceira animouno a posicionarse claramente e dunha vez a favor da nosa lingua tal e como lle corresponde por encabezar unha institución que existe na medida en que existe a lingua galega. “O presidente da RAG ten a obriga institucional de manterse firme con quen anda a patadas co noso idioma”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario