venres, 16 de maio de 2014

Comezan na zona os actos con motivo do Día das Letras Galegas

Na zona están programados hoxe varias actividades lúdicas e culturales polo Día das Letras Galegas. En Silleda haberá, ás 17.00 horas, contos narrados por Sole Felloza baixo o título Vento e chuvia: os antigos deuses galaicos, para nenos de entre dez e doce anos. Os premios dos concursos de microcurtas e microrrelatos entréganse ás 20.00 horas no salón de plenos.
No colexio María Inmaculada haberá hoxe exposición de fotos antigas, fallo de concursos e un festival de 11.00 a 13.00 horas. Como novidade actívase a campaña da biblioteca solidaria, onde quen leve un quilo de algún alimento poderá levarse un libro.
A biblioteca Varela Jácome de Lalín acolle hoxe a visita de nenos da gardería do polígono, así como ás 13.00 horas a entrega de premios do concurso de marcapáxinas. Haberá todo o día lectura en voz alta da obra de Xosé María Díaz Castro. Na residencia de As Dores, ás 17.00 horas, hai un concerto do Coro da Alegría cunha homenaxe a Díaz Castro e lectura do seus poemas. No IES Laxeiro, Fantoches Baj representa ás 13.00 horas «O asombro de Díaz Castro».
ADVERTISEMENT
A Asociación Veciñal de Moneixas prepara para mañá, de 11.00 a 13.00 horas, un obradoiro para nenos. Tamén haberá un concurso de poesía inventada en galego, un mural, marcapáxinas e xogos ao aire libre e Queremos Galego Deza e A Estrada pediron sumarse ás manifestacións convocadas polo colectivo mañá nas sete cidades galegas e en Foz. Comezarán a partires das 17.00 horas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario