A Xunta destaca que con esta medida promove "a transparencia e o uso eficiente dos fondos públicos". As familias ás que se lles require o reintegro do total ou de parte da axuda cobrada teñen dereito a realizar alegacións ou a achegar os documentos que estimen convenientes para acreditar a correcta percepción dos cartos.
Nos Orzamentos de 2014 a Xunta prevé que 86 mil alumnos e alumnas non reciban axuda de ningún tipo para a compra de libros de texto, 27 mil menos que o pasado anoNos Orzamentos de 2014 a Xunta prevé que 86 mil alumnos e alumnas non reciban axuda de ningún tipo para a compra de libros de texto, 27 mil menos que o pasado ano. Isto é así porque no ano 2013 esta partida orzamentaria dispuña dun crédito de 12,8 millóns de euros, pero no 2014 diminúe ata os 9,5 millóns. Hai unhas semanas o Goberno galego, para contrarrestar o feito de que cada vez son máis os rapaces e rapazas que quedan sen axudas, lanzaba un chamamento á "solidariedade", alentando a cooperación na progresiva extensión de iniciativas de bancos de libros impulsadas pola comunidade educativa de cada centro.
Paradoxalmente, ademais, os datos demostran que a Xunta ten que gastar máis cartos no seu sistema de axuda parcial, do que queda fóra a metade do alumnado (21 millóns de euros o pasado ano, tras sucesivas ampliacións de financiamento), que o que gastaba o Goberno bipartito co seu sistema de prestamo universal, concretamente un 48% máis. Pouca diferenza farán, pois, os 360 mil euros que agora Educación recuperará con esta medida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario