Queremos Galego presenta o manifesto que se lerá nas 8 mobilizacións que o 17 de maio decorrerán noutras tantas cidades e vilas de Galiza ''contra a resignación de que @s galego-falantes teñamos menos dereitos''.
Un total de oito manifestacións decorrerán no
país o vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas, convocadas pola
plataforma Queremos Galego. Oito mobilizacións que, como explica o
presidente da Mesa pola Normalización Lingüística Marcos Maceira,
“continúan a ser tristemente necesarias”. Defender o dereito a vivir en
galego en Galiza segue a ter unha reivindicación e non unha realidade.
Maceira fixo un chamamento a “todas as persoas que aman o galego a que participen nos actos deste Día das Letras ao mediodía nas sete cidades e en Foz”. En todas estas concentracións ou manifestacións lerase un manifesto elaborado pola escritora Marica Campo.
A defensa do galego como forza emancipadora
No manifesto lémbrase que “todos os avances das forzas emancipadoras da humanidade foron sempre na dirección de combater a exclusión social”. E entre @s excluídos figuran de sempre @s galegos que falaban a lingua de seu, sinala Marica Campo.
“A ela, á nosa lingua, foille imposto historicamente un manual de redución. A que a reduciron? Reducírona á oralidade, á fala; reducírona a unha clase social, os oprimidos carentes de todo poder de decisión; reducírona a uns lugares, as aldeas; reducírona a unha idade, os vellos”.
Mais no manifesto déixase ben claro: “Non temos a menor vontade de suicidio nin de resignación. Por isto, parafraseándomos a Díaz Castro, o poeta a quen celebramos este ano, diremos: Un paso adiante e mais outro paso adiante, Galiza, no uso da nosa lingua”.
Lugares
A Coruña: Obelisco.
Lugo: Xardíns de San Roque (diante da estatua de Xoán Montes).
Ourense: Alameda (diante da estatua de Eduardo Blanco Amor).
Pontevedra: Praza da Peregrina.
Santiago: Porta Faxeira.
Vigo: Saída da manifestación desde a Vía Norte.
Ferrol: Praza de Armas.
Foz: Praza do Conde de Fontao.

Ningún comentario:
Publicar un comentario