O día 20 de maio dará comezo o xuízo das 12 persoas que foron detidas en febreiro de 2009 cando participaban nun acto en defensa do galego ao tempo que en Compostela se desenvolvía outra concentración de Galiza Bilingüe. A fiscalía pide penas que suman 45 anos de cárcere.
Os días 20, 22 e 23 de maio terá lugar o xuízo contra as doce persoas que foron detidas o 8 de outubro de 2009 en Compostela cando Galicia Bilingüe organizaba outro acto contra a normalización lingüística. A fiscalía pide agora un total de penas que ascenden a 45 anos de cárcere.“Eses activistas a prol do galego foron vítimas de duras cargas policiais, policía que detivo unha ducia de galegos de ben que foron aldraxados en comisaría”, comentan nun escrito de solidariedade coas persoas detidas que está comezando a circular perante o inminente xuízo ao tempo que lembran a campaña de apoio e as protestas de asociacións de defensa do galego que se produciron hai case cinco anos con motivo das detencións. Organizacións como Esculca, Prolingua, Queremos Galego, BNG ou CIG mostraran entón o seu apoio ás persoas detidas e cinco anos despois, vólvese solicitar “reiterar a solidariedade, elevar o caso ao parlamento galego, emitir comunicados de apoio... de xeito que os acusados podan confortarse coa máis ampla solidariedade”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario