A CIG-Ensino considera que é unha medida discriminatoria e contraria á igualdade de oportunidades que pretende potenciar os centros concertados.
A CIG-Ensino vai presentar esta mesma
semana recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, TSXG, en
contra da circular 1/2014 da Consellaría de Educación, mediante a que
Educación pretende regular as probas homologadas para a obtención do
título de competencia lingüística nos niveis A2 e B1, para o alumnado de
4º da ESO dos centros plurilingües en exclusiva.
A Executiva da CIG-Ensino tomou a determinación de recorrer
esta Circular 1/2014 porque regula que soamente se podería presentar o
alumnado de 4º da ESO dos centros plurilingües, discriminando, por
tanto, ao resto do alumnado do sistema educativo galego, ESO e
Bacharelato, que non cursen os seus estudos neste tipo de centros,
minoritarios na rede de centros públicos.
Esta medida supón unha
discriminación flagrante e atenta contra a igualdade de oportunidades do
alumnado do sistema educativo galego, xa que haberá unha minoría de
alumnado que, por medio desta circular, teña dúas vías posíbeis para
acadar esta titulación, a proba específica por ser alumno dun centro
plurilingüe e a proba xeral aberta para todo o mundo. O 94% do alumnado
dos centros públicos e o resto dos galegos e galegas seguirán a ter unha
única convocatoria ao ano para procurar esta titulación.
A Consellaría pretende, de maneira ilegal, como xa teñen sentenzado os tribunais en casos semellantes, elaborar unhas normas a través de circulares e non mediante a normativa que tería que ser negociada e tratada nos distintos órganos de participación e negociación. Trátase dunha argucia para eludir o control e a negociación que é preceptiva. É por tanto un caso de escurantismo e vulneración dos canles democráticos establecidos para desenvolver a regulamentación normativa pola que se ten que rexer a Administración. Como xa teñen ditaminado os tribunais, as circulares non poden ser empregadas pola Administración para modificar a normativa de rango superior, e isto é o que se pretende coa circular 1/2014.
Estamos ante unha actuación que ademais de ser irregular ten como consecuencia a potenciación descarada do ensino privado concertado e o apoio á creación de centros de elite en detrimento da inversión educativa xeneralizada que necesitan todos os centros públicos.
A aplicación desta circular emana dunha visión elitista e segregadora do ensino, xa que a suposta mellora do coñecemento do inglés faise en detrimento do coñecemento do noso idioma e para unha minoría do alumnado. Mentres as deficiencias na aprendizaxe das linguas estranxeiras non se reconducen, pois segue sen realizarse a redución de alumnos por aula e o incremento do profesorado especialista e de recursos suficientes para mellorar a calidade destas ensinanzas. Por outro lado, a Consellaría teima en que o idioma estranxeiro en que se forme o alumnado sexa só inglés, sen considerar a idoneidade da implantación do portugués, pola súa proximidade, facilidade de adquisición, apertura de oportunidades e capacidade de incidir na normalización da nosa lingua propia.
A medida que pretende aplicar a Consellaría é ademais discriminatoria para o conxunto do alumnado galego, pois os centros plurilingües son na súa maioría centros concertados. Teñamos en conta que a día de hoxe, son plurilingües o 39% dos centros concertados, mentres que só o 6% dos centros públicos teñen esta consideración.

Ningún comentario:
Publicar un comentario