Blog -> ir.gl/0972c3
Aquí podedes ollar a crónica da visita de Jorge Mira, no blogue da nosa biblioteca: Abre os ollos
Mais nós queriamos falar un pouco sobre o que Mira nos contou sobre a
lingua galega. Podedes velo no vídeo a partir do minuto 15.07
Ei, isto é moi interesante!
Jorge Mira apuntou que vén de traballar nunha investigación que
demostra, desde o punto de vista científico, a desigualdade existente
entre o galego e castelán e o nivel de desproteción da nosa lingua.
Dixo, como se pode ollar no vídeo: "Agora ben, a día de hoxe o estatus
do castelán é maior que o do galego, por se alguén o dubidaba, a
importancia do castelán e o poderío do castelán socialmente, que tamén
lle dei o traballo ao Secretario Xeral de Política Lingüística. Agora
mesmo está máis en perigo o galego que o castelán. Isto é evidente."
Despois da palestra, Jorge Mira contounos que proximamente se fará
público este estudo que visibiliza os niveis de desprotección da nosa
lingua. De momento non podemos contar máis sobre este informe que Jorge
Mira elaborou en colaboración cunha importante entidade sociolingüística
do país e que xa lle foi enviado ao Secretario Xeral de Política
Lingüística.
Ademais, Jorge Mira explicounos que vivimos nunha sociedade con dúas
linguas, que aquí existe un conflito lingüístico e que, por riba doutros
factores, a nosa identidade como grupo ten moitísimo que ver coa
lingua..
Esta situación é habitual no planeta: en sociedades con dúas linguas iso
produce conflitos. Isto, por exemplo, sucedeu entre o español e o
quechua en América, fruto do imperialismo a partir do século XVI, e ese
proceso provocou que moitas linguas propias desaparecesen. Sobre isto
fala no vídeo a partir do minuto 9.45.
Ningún comentario:
Publicar un comentario