O presidente da Xunta participou nun acto xunto á vicepresidenta do Goberno español no que insistiu en vellos discursos contra os adversarios e nas escusas para diminuír a presenza da lingua galega, sen referencias ao desemprego ou á crise. "Somos unha parte de España", dixo.
O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo volveu teimar no discurso de atacar aos rivais electorarais en base a esaxeracións sen fundamento e pediu o voto d@s galeg@s ante as eleccións europeas do día 25 de maio para que non representen a Galiza "nin os amigos de Bildu nin os de Resistencia Galega", en alusión ao BNG e tamén a AGE.Nun acto electoral celebrado no pavillón de deportes municipal de Ourense, xunto coa vicepresidenta do Goberno de España, Soraya Sáez de Santamaría, Feijóo pediu a pouco máis dun millar de asistentes, que se mobilicen para "dar un último impulso" ao PP. "Temos que volver confirmar que en Galiza somos o partido maioritario e que en España seguimos sendo o da maioría e todo iso xogámonolo o día 25", engadiu.
Feijóo aproveitou o Día dás Letras Galegas para insistir tamén en realidade paralelas e falou da "data do idioma que caracteriza ao noso pobo", e defendeu a "liberdade para usalo" cun "bilingüismo cordial". "Porque somos un pobo e queremos que nos vexan como o que somos, unha parte de España,", asegurou.
Ningún comentario:
Publicar un comentario