FP Básica vs PCPI
Outra volta de torca no desmantelamento do ensino público
Neste curso 2013-2014 estanse impartindo na Galiza un total de 300 PCPIs, con implantación en case todos os IES (agás nalgunhas cidades), o que significa que teñen unha presenza e distribución xeográfica moi ampla. Os PCPI concebíronse como unha medida de atención á diversidade, ofrecendo, grazas á súa estrutura, unha grande versatilidade e capacidade para adaptárense ás diferentes necesidades do alumnado e á diferente organización dos centros educativos.
PCPI en cifras
Modalidade
|
Galiza
|
A Coruña
|
Lugo
|
Ourense
|
Pontevedra
|
Alumnado
|
A, en IES, CEE e CPR
|
146
|
45
|
19
|
20
|
61
|
2190
|
B, nos CIFP
|
25
|
14
|
4
|
3
|
4
|
325
|
C mixta
|
130
|
56
|
24
|
11
|
39
|
1950
|
Total
|
301
|
115
|
47
|
34
|
104
|
4515
|
- modalidade A é a maioritaria nos centros nos que ademais de ESO e Bacharelato se ofertan tamén Ciclos Formativos.
- modalidade B, impartida nos Centros Integrados de FP, é case residual: nalgún destes centros nen tan sequera se ofertaron os PCPIs das familias profesionais das que imparten Ciclos Formativos.
- modalidade C-mixta é a máis espallada xeograficamente. O potencial alumnado desta modalidade vai ser o máis perxudicado: a súa alternativa é a nova FPBásica Dual e, atendendo ao tecido empresarial galego, vai ser moi difícil a sinatura de convenios Educación-empresas. A algúns IES xa os informaron que ían ficar sen esta opción, sen lles ofrecer outra alternativa.
En Galiza ofertábanse 39 perfís de PCPI, contra os 14 Títulos Profesionais Básicos aprobados até o de agora. Isto significa que van quedar familias profesionais sen oferta de ningún título da nova FPBásica.
Onde se vai implantar entón a FPBásica? O que parece certo é que vai ser nos CIFP, claro está (só 14 en toda Galiza), nos IES nos que haxa Ciclo Formativo da mesma familia e naqueloutros centros nos que xa están impartindo PCPI factíbeis de convertelos en FPBásica Dual. Aos centros educativos de localidades afastadas das cidades ou das vilas máis grandes (centros como os de Vimianzo, Trives, As Neves ou A Fonsagrada, por poñermos algúns exemplos), váiselles retirar a única oferta coa que contaban para que o alumnado en risco de exclusión non fique abandonado? Todo apunta a que si... De ser así, é esta outra etapa do afogamento da Galiza non urbana?
A Consellaria di que a nova FPBásica vai asumir o 90% do alumnado potencial dos PCPIs. Como chegan a esta cifra? Ninguén é capaz de imaxinalo. Ou é que alguén acredita que se van ofertar 4515 prazas de FPBásica? Se nen tan sequera saben onde se vai implantar!
De mantérense estes criterios - desaparición dos PCPIs modalidade C mixta e máis dos de modalidade A que se imparten en IES nos que non hai Ciclo Formativo-, estamos a falar de máis de 2.000 alumnas/os afectados; estaríase, pois, condenando á exclusión ao alumnado que se atopa en situación educativa e, sobre todo, social máis precaria.
Ningún comentario:
Publicar un comentario