A CIG denunciará diante dos grupos parlamentarios os incumprimentos do Goberno galego en conciliación familiar e laboral.
Este mércores manteremos un encontro cos grupos parlamentarios galegos para propoñerlles a presentación dunha proposición non de lei
instando á Xunta de Galiza a respectar a lei de igualdade en materia de
conciliación familiar e laboral. No encontro que terá lugar na
institución autonómica este mércores ás 11.00 horas dirixirémonos aos
grupos parlamentarios para denunciar os atrancos do Goberno galego á
correcta aplicación da lei de igualdade en materia de conciliación
familiar na Administración pública autonómica.
Ao mesmo tempo, proporémoslle a presentación dunha proposición non de lei na que se inste a respectar a vixencia dunha lei que a Xunta está a intentar cambiar mediante normas de rango inferior. Neste senso, lembramos que a lei galega de igualdade, 7/2004, no seu artigo 44, recolle o dereito á flexibilidade laboral por razóns familiares ao persoal da Administración pública galega. Recoñece o máis amplo horario diario de referencia para realizar xornada laboral con total liberdade no caso de ter fillos/as menores de 12 anos ou persoas maiores a cargo.

Posteriormente a Xunta desenvolveu este
aspecto da lei a través da Orde do 20 de decembro de 2013. Porén, varios
aspectos dela chocan frontalmente coa lei cando se intenta establecer
con carácter xeral un horario de referencia, xa que na lei recoñécese
que este é establecido por cada centro en función das
súa realidade. Chégase así ao absurdo de non poder traballar os venres
pola tarde na Administración xeral da Xunta a pesar de que moitos dos
seus centros e edificios administrativos permanecen abertos e accesíbeis
ao público. A CIG presentou un recurso contencioso contra este intento
de vulnerar unha lei a través dunha norma de carácter administrativo.
Actualmente a Xunta puxo enriba da mesa unhas instrucións para regulamentar a norma anterior, que continúa no camiño de limitar cunha norma inferior un dereito recoñecido amplamente pola lei. Agora trata de establecer un horario de presenza obrigatorio para este tipo de flexibilidade familiar e mesmo valorar as condicións particulares máis aló das que establece a propia lei.

Ningún comentario:
Publicar un comentario