mércores, 14 de maio de 2014

As Anpas galegas analizan en Vimianzo o seu papel no ensino

O II Encontro de federacións de asociacións de nais e pais de alumn@s vai ter lugar o 24 deste mes. A Lomce, a participación na comunidade escolar ou os desafíos no ensino, algunhas das cuestións a debate.

O Pazo da Cultura de Vimianzo será o escenario no que o vindeiro24 de maio se realice o II Encontro de Anpas, organizado pola Confederación de Anpas Galegas, unha cita na que a asociación de nais e pais de Costa da Morte toma o relevo da provincial de Lugo nas tarefas organizativas.
Segundo sinala a Confederación, con este encontro as anpas pretenden analizar, debater e achegar ideas e propostas sobre o papel destas asociacións. Parten de que a presenza das Anpas na vida escolar “é indiscutíbel”. A súa presenza é de importancia “na toma de decisións no ámbito educativo” que a “nivel local ou comarcal” que “de país”. Neste sentido, desde a Confederación manifestan ter claro “que as familias temos que estar en todos os ámbitos educativos por dereito propio, xunto co profesorado e a administración , para traballar xuntos na formación e atención das novas xeracións”.
Obxectivos
Neste II Encontro haberá diversas intervencións e relatorios, alén dos debates. Así, debaterase do traballo cotiá ou sobre a Lomce: “Unha lei que rexeitamos dun xeito absoluto e sen fisuras, e que temos que coñecer polo miúdo o que lles vai afectar aos nosos fillos e fillas a partires do próximo curso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario