A taxa de abandono educativo cedo se reduciu en Galicia ao 18,6 %, no
primeiro trimestre do 2014, a máis baixa desde que se rexistran os
datos, segundo comunicou hoxe o Instituto Galego de Estatística (IGE).
A taxa rebaixouse de forma significativa nos últimos anos, sinalou o
Goberno galego nun comunicado, no que fai constar que "é a primeira vez
que a media dos catro últimos trimestres baixa dos 20 puntos", ao quedar
situada no 19,9 %.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria asegurou
nesta nota que segue traballando por un ensino de calidade a través da
introdución de medidas innovadoras e de reforzo das competencias
básicas, como son os contratos-programa.
Ademais, tamén se están desenvolvendo diferentes programas educativos ao
redor de liñas estratéxicas como o impulso da formación profesional, a
atención á diversidade ou a mellora da convivencia nas aulas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario