Un acto o 28 de maio comparará a LOMCE co ensino no franquismo e o 4 de xuño darase lectura a un manifesto nos centros e faranse actos reivindicativos pola tarde na rúa.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino
Público anunciou este mércores 7 de maio en rolda de prensa novas
mobilizacións contra a LOMCE e os recortes no ensino público. A próxima
protesta será o 28 de maio e consistirá nun acto no Museo Pedagóxico de
Galiza, na aula que representa a escola do franquismo co obxectivo de
amosar as semellanzas entre a educación na ditadura e o ensino que se
pretende coa LOMCE. A Plataforma tamén convocará para o 4 de maio actos
reivindicativos nas sete cidades e diferentes vilas ás sete da tarde.
Ese mesmo día, pola mañá, proporase aos centros que dean lectura a un
manifesto que denunciará os recortes e que incluirá un chamamento a non
aplicar a LOMCE naqueles aspectos máis nocivos para o ensino público.
No acto do 28 de maio participará profesorado que experimentou
na súa propia carne o ensino do franquismo. Entre as semellanzas sobre
as que se quere chamar a atención están, segundo explicou Anxo Louzao,
da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, as reválidas, o
reforzamento da Relixión, avaliable a todos os efectos, os principio
clasistas e segregadores do ensino no franquismo -e que tamén inspiran a
LOMCE- o centralismo ou a xestión antidemocrática dos centros, entre
outros.
Por outra banda, a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público fará un chamamento para que o día 4 de maio, nos centros - durante o recreo- se dea lectura a un manifesto de rexeitamento da LOMCE e os recortes. A xornada continuará con actos lúdico-reivindicativos na rúa ás sete da tarde, semellantes ao realizados noutras ocasións.
Con estes actos a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público tamén quere denunciar os recortes que se van producir para o inicio do curso escolar, con novas supresións, deficiencias nos centros, a falta de prazas -especialmente en ensino infantil de 0 a 3 anos e a formación profesional-, aulas masificadas e outras actuacións da Consellaría como a circular ás Escolas oficiais de Idiomas para que o alumnado que cursa 4º da ESO só nos centros plurilingües poida acadar o nivel básico ou intermedio de Inglés e Francés.
Na rolda de prensa estiveron representantes da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público que está integrada pola AS-PG, CIG-Ensino, Comités, Liga Estudantil Galega, Federación Provincial de ANPA de Lugo (FAPACEL), Federación de ANPA de Compostela, Federación de ANPA da Costa da Morte, a Federación de ANPA de Ferrolterra (FEANPAS), Movemento Dezao en Defensa do Ensino Público, Agir, Sindicato de Estudantes, BNG, Galiza Nova e a Federación de ANPA de Ponteareas (FANPO).

Ningún comentario:
Publicar un comentario