Vitae Consultores prepara
unha importante actividade formativa para formarnos en recursos
avanzados para protexer un dos bens máis prezados da sociedade na
que vivimos: a información. Máis polo miúdo, o que busca a
consultora galega é achegar metodoloxías útiles para sabermos como
actuar, da maneira máis axeitada e eficaz posíbel, ante un problema
de roubo de datos ou semellante. A segunda edición do curso
Protocolos
ante Ciberataques e Incidentes en Seguridade TIC (formato PDF)
vaise celebrar na Coruña os días 14, 15, 21 e 22 de outubro. Serán
20 horas de contidos.
Aprenderásenos, entre
outras cousas, a sabermos actuar en caso de incidente TI, os pasos
que cómpre dar para facilitar unha solución e encarreirar unha
posíbel investigación, distinguir entre incidentes que constitúen
delito e os que non, ou poñer en práctica medidas que eviten roubos
de información.
Segundo sinala Vitae
Consultores, hoxe en día é especialmente relevante para moitos
profesionais TI contar cos coñecementos (tecnolóxicos, técnicos,
legais, de procedemento) e as habilidades máis avanzadas en materia
de protocolos e accións a seguir a prol da ciberseguridade. “Cando
os ingresos proveñen de Internet ou das TIC, ou cando os servizos
empréstanse pola Rede ou a través das TIC, ou cando na produción
industrial utilízanse de maneira importante as novas tecnoloxías da
información, as empresas e os organismos están a concienciarse da
importancia de asegurar estes activos”, lembra Vitae a propósito
da importancia dos contidos do devandito curso para os nosos
profesionais. A actividade formativa está dirixida, sobre todo, a
administradores de sistemas TI responsábeis da seguridade e a
administración de activos informáticos ou a calquera profesional
que teña responsabilidade sobre estes activos.
O seminario abranguerá
20 horas de formación en catro xornadas de cinco horas. Os venres o
horario será de 16.00 a 21.00 horas e os sábados de 9.00 a 14.00
horas. O lugar elixido para o desenvolvemento do curso é, unha vez
máis, o Hotel Attica 21 da Coruña. O encargo de impartir os
contidos será Gonzalo Sotelo, responsábel do equipo de
Investigación Tecnolóxica da Guardia Civil de Pontevedra. Sotelo é
diplomado en Policía Xudicial pola Universidade Complutense e en
Investigación Tecnolóxica pola Garda Civil, Europol e Interpol. É
formador en cursos relativos á seguridade informática e a
investigación tecnolóxica. A día de hoxe é garda civil e exerce
como responsábel do devandito equipo pontevedrés dende a súa
creación en 2003.
Ningún comentario:
Publicar un comentario