mércores, 14 de setembro de 2016

Reitores e Xunta asinan un plan de 125.000 euros para cooperación universitaria ao desenvolvemento

Os reitores das tres universidades galegas, Juan Viaño (USC), Julio Abalde (UdC) e Salustiano Mato (UVigo) e o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, asinaron este luns un convenio de colaboración para levar a cabo un proxecto de fortalecemento da Rede Galega de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento.
O proxecto ten como obxectivo mellorar a posición do Sistema Universitario de Galicia como axente de cooperación ao desenvolvemento a través do fortalecemento das capacidades da comunidade universitaria galega para pór en marcha actuacións en materia de cooperación universitaria ao desenvolvemento e educación para o desenvolvemento. Ao longo dos últimos anos son diversos os proxectos das tres universidades galegas que recibiron financiamento ao amparo da convocatoria de proxectos no exterior da Xunta de Galicia e mesmo recentemente se ten feito unha convocatoria específica dirixida aos equipos de investigación do sistema universitario galego.

Ningún comentario:

Publicar un comentario