luns, 19 de setembro de 2016

Arrinca mañá en Lalín un programa de emprendemento xuvenil

Participan vinte e cinco persoas de menos de trinta anos.

Este luns iníciase en Lalín a primeira fase do Programa de Formación e Acompañamento para a Mellora do Emprendemento Xuvenil, Proemga, posto en marcha pola Fundación Galicia Innova. Unha iniciativa que conta con financiamento do Fondo Social Europeo e a colaboración do Concello.
As clases terán lugar nas dependencias da Udiaf no polígono Lalín 2000. O proxecto consta de tres fases. Esta primeira que se inicia mañá conta con vinte e cinco participantes menores de trinta anos. O traballo céntrase en talleres de motivación nos que os participantes desenvolverán unha ficha persoal e planificarán o seu propio plan como emprendedor nunha sesión que durará catro horas,. Os quince mellores proxectos incluiranse nunha segunda fase na que se desenvolverán diferentes módulos formativos e que arrincará o 17 de outubro.
Ás 9.30 horas terá lugar a presentación que contará coa presenza do alcalde de Lalín, Rafael Cuíña e de Sergio Mosquera da Fundación Galicia Innova.

Ningún comentario:

Publicar un comentario