A manifestación, convocada pola CIG, chamou a “derrubar as políticas da dereita”.
Varios miles de persoas, segundo a CIG, tomaron parte na manifestación convocada en Vigo polo sindicato nacionalista para demandar “emprego digno” nunha comarca “industrial e con futuro”.A manifestación, que percorreu a distancia entre a Doblada e a farola de Urzaiz, fai parte da campaña que a CIG-Vigo está a desenvolver e que pivota sobre catro eixos fundamentais: refutar a “propaganda oficial” da recuperación económica, sinalar os culpábeis da situación de crise, achegar alternativas e promover a mobilización social.
O secretario comarcal da central nacionalista, Alberto Gonçalves, cargou contra a “propaganda” que, dixo,“intenta ocultar a grave situación socioeconómica que padecemos, como amosa a existencia de máis de 80.000 persoas que se atopan no paro na bisbarra, moi por riba das cifras oficiais”.
Tamén situou esta campaña como o dunha serie de protestas que se sosterán no tempo co obxectivo de “derrubar as políticas da dereita mediante a mobilización social nas empresas e na rúa”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario