mércores, 28 de setembro de 2016

Sesenta centros galegos ofertan portugués este curso

Arredor de sesenta centros de ensino ofertan portugués neste curso, pero todo se debe ao voluntariado. A colaboración aínda está moi incipiente e o incremento do ensino do portugués lévase a cabo pola vontade do profesorado e non polo impulso da administración. “Estamos perdendo o tempo porque cun pouco de investimento en meios, no ensino regrado e formación do profesorado, en dez anos lograríamos en toda Galiza, xente formada na norma do portugués internacional coas vantaxes que hoxe se ofrecen para cidadáns con dominio do castelán, o inglés e portugués” afirma a profesora de portugués da Escola de Idiomas de Santiago Antía Cortiças.
A Lei “Paz Andrade” aprobada por unanimidade no Parlamento Galego en 2014 planifica a introdución da aprendizaxe do portugués en todos os niveis do ensino e tamén insta ao goberno galego a estreitar lazos económicos, audiovisuais e culturais cos países da lusofonía.

Ningún comentario:

Publicar un comentario